Nunca antes un país sumou tantos títulos europeos. Catro. Conseguino España nesta Eurocopa 2024, tras facer un torneo perfecto (sete vitorias en sete encontros).
A selección de Luis de la Fuente derrotou a Inglaterra por dous tantos a un, nun partido no que se adiantou no arrinque do segundo tempo cun tanto de Nico Williams. Empatou na recta final o conxunto inglés pero, no minuto 88, Oyarzabal anotaba o tanto definitivo que proclama á selección nacional española coma campioa de Europa, doce anos despois.