Os conxuntos galegos do fútbol profesional seguen coa súa pretemporada. Esta tarde noite tanto Celta como Rácing de Ferrol solventaron con goleadas os seus compromisos amigables con Mugardos e Vizela respectivamente. O Galicia en Goles estivo contando estes encontros dende o Municipal da Pedreira, na localidade de Ferrolterra e dende A Lomba, escenario do enfrontamento do equipo celeste co conxunto luso.