O Galicia en Goles deste domingo estivo centrado na primeira xornada da 1ª RFEF. En Balaídos o Celta Fortuna desaproveitou unha vantaxe de dous goles e rematou empatando ante o Barakaldo. Peor lle foron as cousas ao Arenteiro que debutou en liga con derrota no campo do Tarazona. Ademais na Sangriña desputaronse as finais da Supercopa de Galicia de balonmán, con triunfo do Novás na categoría masculina e do Atlético Guardés na feminina.