O Galicia en Goles do sábado tivo protagonismo para o Baloncesto. No Coliseum o Coruña caeu de novo, desta ve ante o Gran Canaria, e segue de pechacancelas. Na 1ª FEB, o Obradoiro gañou no Sar e o COB caeu no Paco Paz ante o Menorca. Tamén novas malas para as galegas nas semifinais da Supercopa de España de futsal feminino, coa eliminación do Poio ante o Futsi e do Burela contra o Melilla. Tampouco no fútbol contaron mellores novas, caendo derrotado o Celta Fortuna en Balaídos ante o Nástic. Por último, no fútbol feminino, o empate do Deportivo ante o Valencia deixou sabor agridoce nas de Fran Alonso.