Non foi un bo domingo, en xeral, para o fútbol galego. O Deportivo non foi quen de pasar do empate a cero en Riazor ante o Málaga nun encontro marcado polos incidentes na previa provocados polo "Frente Bokerón" malacitano. Na 1ª RFEF o Lugo remontou no Anxo Carro para salvar un punto ante o Nástic mentres que Compostela e Pontevedra caían na casa na xornada da 2ª RFEF. Nesta categoría a boa nova deuna o Bergantiños, goleando en Salamanca. E no polideportivo a cara foi para o Cangas, que venceu ao Villa de Aranda, e a cruz para o Básquet Coruña que perdía na súa visita ao Gran Canaria.