O Galicia en Goles dominical arrincou antes do mediodía e chegou ata as dez da noite de maneira ininterrumpida. Contouse a xornada galega que arrincou co empate a cero goles do Rácing de Ferrol ante o Mirandés na Malata. Na 1ª RFEF a gran nova chegou en Sestao, coa primeira vitoria do CD Lugo esta temporada. Mentres, na 2ª RFEF o Bergantiños goleou ao Avilés e o Compostela empatou in extremis no Vero Boquete ante o Pontevedra.