Cara e cruz para Celta e Deportivo na xornada sabatina. O conxunto olívico derrotou ao Sevilla por 3 a 2 nun partido no que xogou toda a segunda parte con dez futbolistas. Os vigueses continúan ocupando, a tres xornadas para o final, praza europea. Pola contra o Deportivo caeu por dous a un contra o Sporting e perde calquera opción matemática de playoff. O balonmán feminino tamen tivo especial protagonismo no Galicia en Goles coa ida da final da European Cup na que o Porriño empatou ante o Valur islandés e a remonta do Guardés para clasificarse para as semifinais polo título de Liga