O domingo futbolístico comenzou da pior maneira coa derrota abultada do Lugo en Irún que coloca aos da Muralla en postos de descenso a 1ª RFEF. Unha categoría á que regresará o Pontevedra se gaña o vindeiro domingo ao Laredo en Pasarón, logo da vitoria dos granates en Salamanca. O gran partido da xornada desputouse en Anduve e rematou con empate a dous goles entre Mirandés e Deportivo.