Na 1ª RFEF o único partido con presenza galega foi o disputado no Couto con igualada a cero do Ourense CF e Segoviana. na 2ª RFEF o Fabril venceu no derbi ao Compostela. No polideportivo o baloncesto tivo protagonismo co encontro de consolación do EncestaRías coa vitoria do Básquet Coruña ante Breogán e o triunfo do Ourense ante Mataró na Copa FEB.