O Deportivo da Coruña desaproveitou unha gran oportunidade de dar un paso de xigante cara a permanencia tras caer ante o Eldense por dous goles a cero. Pola contra o Fortuna e o Lugo regresaron á senda do triunfo tras derrotar a Real Unión e Sestao respectivamente. No polideportivo destacou a vitoria do Liceo, o pase do Porrriño a semifinais da European league e as derrotas de COB e Obradoiro na 1ª Federación de baloncesto. Pola contra, no básket feminino gañaron Uni e Ensino, perdeu o Celta.