O encontro de Monjuic entre Barcelona e Celta estivo marcado pola polémica arbitral e a remonta dos culés a un equipo vigués que se chegou a poñer por diante 1 a 3 e rematou sucumbindo cun gol de penalti asubiado polo VAR no tempo extra. Mellor sorte correu o Rácing de Ferrol que regresou á vitoria coma local moitos meses despois ante o Eldense. Tamén voltou gañar o Básquet Coruña nun agónico partido ante Granada, ao que lle deixa no posto de pechacancelas. Noutra parte negativa, o descenso do Celta Baloncesto.