O sábado deportivo galego estivo cheo de enventos ao máis alto nivel. Na primeira división o Celta fixo sufrir ao Real Madrid pero rematou caendo por un gol a dous en Balaídos. O Deportivo da Coruña segue sen gañar e sumou o terceiro empate consecutivo, desta vez ante o Eldense en Riazor. Finalmente, no derbi da 1ª RFEF, o Lugo venceu ao Fortuna pola mínima. No baloncesto a xornada tamén foi intensa con dobre cita nas dúas primeiras categorías. O Breogán sumou o primeiro triunfo da temporada vencendo en Badalona, o B. Coruña caeu ante o líder Unicaja; na 1ª Federación tamén houbo a de cal e a de area para os conxuntos galegos: vitoria do COB que segue líder xunto a San Pablo Burgos, que derrotou a Obradoiro no Sar.