Foi un sábado negro para os intereses do deporte galego. O Rácing de Ferrol segue en caída libre tras sufrir unha nova derrota en Málaga. Mesmas sensacións para un Básquet Coruña máis preto do descenso, no que mallou o Valencia. Para completar o pleno de derrotas galegas na Liga ACB o Breogán sucumbiu no Pazo ante un duro UCAM Murcia., A única boa nova chegou na 1ª Federación, coa vitoria do Obradoiro a Estudiantes.