O Galicia en Goles deste domingo tivo que estar moi pendente de Vigo e a festa que o celtismo ofreceu ao seu equipo pola clasificación Europea. Dende o Concello ata Praza América, a Radio Galega contou os festexos da afección celeste por esta clasificación para a Europa League. Na 2ª división o Deportivo caeu na Romareda por un gol a cero e suma tres derrotas consecutivas dende que asegurou a permanencia. Mentres no baloncesto o Breogán despediu a temporada ante a súa afección con derrota ante Gran Canaria mentres que Obradoiro caeu en Palencia e dia adeus ao ascenso. No balonmán houbo unha de cal e outra de area: a eliminación do Guardés nas semifinais polo título e a permanencia do Cangas pese a perder no Gatañal ante Benidorm.