O sábado marcado pola deblace madridista no Clásico ante o Barcelona foi unha xornada exitosa para o fútbol galego nas categorías RFEF. Celta Fortuna goleou á Segoviana e o Ourense CF sumou o primeiro triunfo da temporada en Lezama. Na 2ª RFEF vitorias de Pontevedra, Fabril e Bergantiños e empate do Compostela. E no polideportivo chegou a gran nova coa malleira do Básquet Coruña ante o Zaragoza, no segundo triunfo coruñés na Liga ACB nesta temporada