Na mañá do domingo 9 de novembro o derbi provincial da 2ª RFEF que enfrontou a Fabril e Bergantiños rematou en táboas, sen goles. Na 3ª RFEF tamén empataron na zona alta Vilalbés e Compostela. A mellor nova chegou no polideportivo, coa dura vitoria do Liceo ante o Reus. A peor nova chegou na Liga F, coa goleada colleitada polo Deportivo Abanca ante o Barcelona.