O sábado deportivo galego tivo case pleno de vitorias no baloncesto, coa malleira do Breogán ante Granada e na 1ª FEB os triunfos de Obradoiro e COB. A única mala nova deuna o Uni Ferrol, caendo na Malata ante Estepona. No fútbol o Pontevedra goleaou ao Zamora, o Celta F empatou en Pamplona e o Rácing de Ferrol caeu ante o Tenerife no encontro chave da 1ª RFEF. Na seguinte categoría no derbi do Couto a UD Ourense remontou para derrotar finalmente ao Fabril por dous goles a un.