O deporte galego espertou este sábado con resaca de baloncesto. O histórico ascenso do Básquet Coruña á Liga ACB tivo como colofón a festa celebrada durante toda a tarde na explanada de Riazor. Alí estivo para contalo a Radio Galega, como tamén viviu o emocionante triunfo do Rácing de Ferrol sobre o Alcorcón que permite aos verdes seguir na carreira por un posto nos playoff de ascenso. Posto que case acariña o Celta Fortuna na 1ª RFEF tras golear ao Rayoi Majadahonda. O Lugo tamén venceu ao Cornellá e asegura matemáticamente a salvación nesa categoría. Por último o Arenteiro rabunou un empate de Fuenlabrada.