Non quedou un mal sábado para o deporte galego. As mellores novas chegaron no polideportivo, cos triunfos de Breogán en Zaragoza, o primeiro do curso, e a sorpresiva vitoria do Cangas en Torrelavega.
No fútbol da federación, o Rácing mallou no Arenas, o Pontevedra salvou un punto en Pasarón ante o Osasuna Promesas, e no derbi do Anxo Carro, que gañou CD Lugo ante o Fortuna.