O Anxo Carro de Lugo asistiu este venres a un festín do combinado nacional sub 21, que se enfrontou á feble San Marino e rematou barrendo do campo por un contundente sete a cero. Máis duro foi o compromiso do Deportivo Abanca. As pupilas de Fran Alonso gañaron ao Levante por 1 a 0 e rachan unha xeira negativa de resultados. Mentres o Básquet Coruña segue invicto na 1ª FEB tras derrotar ao Melilla.