O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo. Alí disputáronse as dúas semifinais da Copa Galicia de baloncesto masculino sen sorpresas. Gañaron os dous equipos ACB, o Básquet Coruña eliminando ao Obradoiro e o Breogán facendo o propio co COB. Asimesmo na última hora analizouse detalladamente o que será a xornada deportiva galega desta fin de semana.