Este venres o fútbol galego tivo dobre cita na 1ª RFEF. O Lugo caeu en Talavera por un solitario tanto a cero mentres que o Rácing de Ferrol non pasou do empate a cero ante o Guadalajara. No balonmán o Guardés rabuñou un empate ante o Bera Bera. Tamén escoitaron a Rafael Louzán sobre o posible veto da UEFA a Israel ou o Mundial de 2030.