O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no adeus do Básquet Coruña á máxima categoría do baloncesto español, no partido no que caeu no Coliseum ante o Baskonia. Nesa última xornada da Liga regular o Breogán foi asoballado polo Valencia na cancha levantina. Asimesmo, o programa deportivo analizou a previa do deporte galego desta fin de semana.