O Galicia en Goles deste venres estivo centrado no Anxo Carro, co empate do Lugo ante o Barakaldo, e no Coliseum da Coruña, onde o Leyma Básquet Coruña derrotou con contundencia ao Fuenlabrada para manterse no máis alto da clasificación. Asimesmo Roberto Carlos Carballo repasou e analizou toda a xornada deportiva galega da fin de semana.