O Concello de Ponte Caldelas, a través dunha nota de prensa remitida a RADIO NOVA, confirmou que está xa a traballar na organización da II Subida Automobilística de Ponte Caldelas que terá lugar os días 12 e 13 de agosto e que terá, en principio, como trazado a PO-234. No caso de que a Xunta comece a arranxar esta estrada o Concello de Ponte Caldelas está barallando tamén outro percorrido alternativo.