Ensaiar é de Covardes

Informativos Radio Estrada


Listen Later

Informativo marcado polo 8M na Estrada e comarca
Esta fin de semana chega cargada de actos con motivo do 8M, Día Internacional da Muller, que xa comezaron esta mañá cun partido organizado pola Federación Galega de Fútbol na Estrada, coa participación da estradense Lucía Seoane. O Concello continúa coa programación especial e entregará o Premio Honorífico ás irmás Porto Carballo —Pili, Ana e Marga— do histórico hostal A Bombilla, nun acto central que terá lugar o domingo no MOME.
Tamén abrense hoxe as inscricións para que asociacións e comisións de festas poidan participar no Gran Prix do San Paio, previsto para o 18 do próximo mes. Ademais, a Feira de Oportunidades e a Feira de Antigüidades reunirá 50 expositores do 13 ao 15 de marzo na Estrada.
No ámbito cultural, o documental inmersivo “Fillos do Vento: A Rapa”, centrado na Rapa das Bestas de Sabucedo, dará o salto a América coa súa estrea no festival SXSW de Austin.
En comarcas, Medio Rural organiza charlas informativas sobre a dermatose nodular contaxiosa, dirixidas ao sector gandeiro, con sesións en Ordes, Lugo, Lalín e Ourense entre o 9 e o 12 de marzo.
En deportes, a Estrada acollerá mañá un campionato de lanzamentos e unha proba do Circuíto de Marcha Atlética, que reunirá máis de cen atletas. Repasaremos tamén as competicións nas que participarán deportistas estradenses esta fin de semana, incluído o bádminton, e ofreceremos a previa futbolística con Rafa Vázquez.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Ensaiar é de CovardesBy RadioEstrada