As cinco dioceses galegas convócannos conxuntamente este fin este sábado á Asemblea Interdiocesana de Vocacións, baixo o lema “Para quen son?”, que se celebrará no Seminario Interdiocesano “Apóstolo Santiago”. Un encontro que busca ofrecer un espazo de reflexión e oración sobre a vocación cristiá en todas as súas dimensións. Contará co relatorio do irmán de La Salle, Jorge Sierra, que ofrecerá un relatorio baixo o lema “Cara a unha cultura vocacional”. Para falarnos do encontro tivemos a sorte de contar nestes micrófonos con Jorge, irmán de La Salle dedicado á educación e á pastoral xuvenil.
Programa «O Espello de Mondoñedo-Ferrol» do venres 28.11.2025. Magacine semanal de actualidade diocesana, dirixido e presentado por Javier Martínez a través de COPE Ferrol e COPE da Costa-Ribadeo.