Entrevistamos a José María Cortizo Garrido, presidente da Xunta Parroquial de Barcia do Seixo (A Lama) que está dinamizando o lugar a través de iniciativas tendentes a recuprar as tradicións ancestrais como a suba do santo ao monte que, onte por mor do tempo desapacible non se pudo celebrar. Mañá martes 25 de xullo, honran ao Corpus cunha alfombra floral e unha misa ás 13:30 horas. Tamén reivindicou o patrimonio etnográfico que atesoura esta parroquia onde destaca a igrexa, que é a máis antiga do concello datada no século XV sobre un templo erixido no século XII polos monxes do Mosteiro da Armenteira.