Francisco Couselo analizou con Justo Alborge Rodríguez a realidade actual da Sociedade de Caza A Coirense de Cotobade. Justo Alborge preside esta entidade desde hai unos 9 anos e é un perfecto coñecedor da realidade deste Tecor onde van combinando a actividade cinexética entre distintas especies de caza maior e menor. Falaron tamén do perigo que supón, sobre todo en zonas como Viascón, a presenza do lobo para a actividade gandeira da zona onde se documentaron numerosos ataques destes cánidos. Na fotografía, Paco Couselo e Justo Alborge aparecen coa dona e as fillas deste recoñecido cazador.