No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+.
Neste audio: fragmento de lectura do libro “A defunción dos sexos: disidentes sexuais na Galiza contemporánea” de Daniela Ferrández Pérez. A través de fontes de arquivo, xornalísticas e entrevistas reflexiónase sobre algún dos itinerarios que tiveron que percorrer persoas que viviron alén da norma sexual na Galiza dos últimos cento cincuenta anos e o seu enfrontamento co xugo dunha sexualidade obrigatoria que as condenaba ás marxes e ao ostracismo. Aquí escoitamos unha reflexión sobre a situación concreta do lesbianismo. Edición de Xerais, 2022.
Guía de lectura “As Municipais Entenden” 2022: https://es.calameo.com/read/003492127b09cd746bcf5