Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX.
Neste audio: extracto da entrevista a María Casares, realizada polo escritor e xornalista arxentino Víctor Luis Molinari. Publicada en “Galicia Emigrante”, revista cultural da emigración galega dirixida por Luís Seoane.
Programación Ano Internacional María Casares nas BMC: https://www.coruna.gal/descarga/1453786373895/programacasares.pdf