No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+.
Neste audio: fragmento de lectura do libro “Illa Decepción” de Berta Dávila. A protagonista desta novela expándese en dúas direccións aparentemente opostas: a do vencello cotián co seu fillo durante o confinamento e a do resto daquela nena que aínda perdura na súa imaxinación. Así, movida por un soño, máis de vinte anos despois de abandonalo, decide presentarse no apartamento onde viviu coa súa familia durante a nenez e a adolescencia. Edición de Galaxia, 2020.
Guía de lectura “As Municipais Entenden” 2022: https://es.calameo.com/read/003492127b09cd746bcf5