Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX.
Neste audio: lectura dun fragmento da novela histórica “Memoria de cidades sen luz”, da escritora e crítica teatral Inma López Silva. Unha obra arredor de guerras e exilios na que o protagonista narra a súa andadura a través desas cidades sen luz ás que a guerra arrebatou o seu brillo habitual. Nesa peripecia vital coincidide con persoas reais e relevantes na época como Ánxel Casal, Santiago Casares Quiroga, Albert Camus e a mesma María Casares. Editada en Galaxia no ano 2008 e recoñecida co Premio Blanco Amor, co Premio á Mellor Obra de Narrativa da AELG e co XV Premio Arcebispo San Clemente.
Programación Ano Internacional María Casares nas BMC: https://www.coruna.gal/descarga/1453786373895/programacasares.pdf