No marco da campaña do #Orgullo2022 e do compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña coas diversidades sexuais, representado co lema #AsMunicipaisEntenden, nutriremos esta semana o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de distintos textos de temática LGTB+.
Neste audio: fragmento de lectura do libro “Memoria diversa” de Eva Mejuto, con fotografías de Carme Cerviño. Esta obra é unha proposta nada para visibilizar ás persoas que loitaron pola dignificación do colectivo LGTB+ en Galicia e ás vítimas da represión e o rexeitamento por cuestións de orientación ou identidade de xénero. Edición da Deputación da Coruña, 2022.
Guía de lectura “As Municipais Entenden” 2022: https://es.calameo.com/read/003492127b09cd746bcf5