Con motivo do aniversario do nacemento da actriz coruñesa María Victoria Casares Pérez (1922-2022) e no marco dos actos de celebración do Ano Internacional María Casares neste 2022, nutriremos o catálogo de #LemosParaTi cunha selección de diversos textos para achegarnos á figura desta magnífica muller, actriz e personaxe pública de orixe coruñesa e de gran transcendencia na vida social, cultural e artística da Francia do século XX.
Neste audio: lectura dun fragmento da biografía “O tempo das mareas: María Casares e Galicia”, de María Lopo. Unha obra que percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes da Galicia contemporánea. Editada polo Consello da Cultura Galega no ano 2016 na colección Estudos Migratorios.
Programación Ano Internacional María Casares nas BMC: https://www.coruna.gal/descarga/1453786373895/programacasares.pdf