Luis Villares, voceiro nacional de En Marea, e Roi Márquez, responsable local desta formación política en Ponte Caldelas, visitaron as instalacións de RADIO NOVA despois de facer un periplo que os levou polas principais zonas afectadas polo lume na comarca do Verdugo-Oitavén. Villares falou da necesidade dunha nova política forestal para Galicia e falou incluso dun "pacto de Estado en Galicia" para afrontar dun xeito razonable e con vocación de futuro o problema dos lumes que afectan de xeito reiterado á nosa Comunidade. Tamén falaron da situación política e da vocación da agrupación de Ponte Caldelas de concurrir ás vindeiras eleccións municipais do ano 2019.