Da Ribeira Sacra á Costa Oeste dos Estados Unidos. Conversamos con Santiago Bonay Lopez sobre o barallete, o idioma que falaban os cacharreiros e afiadores do Norte ourensán. E preguntámoslle a Aid Alonso a que anda musicalmente (ela é a da Costa Oeste). Tamén hai un ratiño para coñecer a curtametraxe 'A illa no mar' da man do seu creador Alberto Montull, quen foi alumno do Bacharelato de Artes no IES Valadares.