Leandro Lamas ten moitas historias que contar, desas que lle serven de inspiración para os seus debuxos. Andivo esta finde pintado “viñetas do camiño” no Camiño Inglés, en Narón e non deu rematado o cadro porque os cativos que por alí andaban non paraban de lle pedir un debuxo. E el facíalles un paxariño. A Leandro gústalle moito a bici e recoméndanos a serra do Forgoselo, que lembra a paixase de Escocia onde tamén hai turbeiras.
A finais de maio do 2020 pasou unha onda de Rossby por Galicia que deixou temperaturas de 34 grados na zona Quiroga. O vigués Iago Pérez explícanos en modo dummies, que son e a súa importancia para a predicción meteorolóxica dende o Uruguay, onde a vida científica o levo agora.
Propoñemos plan para esta semana, un deses que dan puntos no carnet de viguismo, ir de brunch ao Lola & Lía Espacio Gastronómico. Acaban de cumplir 6 meses nun local con moito potencial na estrada dos muíños en San Andrés. Se vos gustan os cócteles, atentos!