O #espertavalladares de luns segue a rescatar vellas conversas. A do documental ‘La ciudad de la selva’ e mais a do libro de Luisa Villalta sobre o Hamlet de Cunqueiro. E tamén andivemos de palique coa xente anónima da parroquia. Un popurrí coas mulleres bordadoras, algo dos que levan tatuaxes e cos que andan á vendimia.