Dende que os cans entraron a vivir nas casas hai un negocio en expansión: as peluquerías caninas. E non é cousa de urbanitas. Pola área metropolitana hai unha chea. Conversamos con "Malas pulgas".
De cabalos, cóntanos dende o clube hípico Alazán, no alto de San Cosme, como levaron o confinamento os animais.
No espacio dos deportes: Jacobo Lorenzo, o novo adestador Valladares feminino.
Unha volta polo reggae dos anos 70's. O cambio de década deu paso a un novo estilo o “roots reggae", que enmarca perfectamente esta canción "Satta Massagana" do grupo The Abyssinians.
E mais música. A de Lorca, que hoxe cúmprense 84 anos do seu fusilamento. O pianista Alberto Conde está esta noite en Granada no concerto homenaxe. Ademáis, agosto é o mes dos mártires galegos durante a guerra civil. Lembrámolos.