Volta das vacacións… comezamos a mañá tranquilas, dando un paseo por Coia, coñecendo a súa toponimia tradicional con Xulián Martínez, profesor do Álvaro Cunqueiro. Falamos con Manuel Gago, da situación do patrimonio cultural na diáspora, concretamente no Uruguay. E conversamos coa xente de Deleite que no seu apoio á cultura están a producir un disco con versión dos clásicos galegos.