A que se adicaban os nosos avós? Carreteiros, modistas...
Do legado familiar no traballo conversamos con Campanas Ocampo. 400 anos atrás, unha familia de artesanos nómadas percorría a península facendo campás. Chegaron a Caldas e quedaron. Isto era no 1600 e ata hoxe, que continúa co oficio Chicho, un dos tatara tatara... netos.
De como reducir os descartes de peixe a bordo dos barcos cóntanos Xulio Valeiras, investigador no Oceanográfico de Vigo e no proxecto Descarsel.
E, por último, que foi de? Escoitamos á xente falar do bo ambiente no Revoltallo esta finde. Había ganas de música en directo e de "ventilar" cos amigos.