Neste día de solsticio, baixa o apalpador das montañas. Vimos navideños! Moita panxoliña e un chisco de pensamento crítico. Este Nadal consume menos, crea máis. Con Greenpeace Galicia conversamos de #REinventa_Vigo, reinventar as cidades e que sexan amables para a xente.
Con esta choiva de hoxe ímonos perder o evento do ano no ceo: o “biquiño” de Xúpiter e Saturno. Un sinal, se vivíramos nos tempos dos astrónomos da Biblia. Hai 2000 anos. Lembrades cousas "raras" vistas no firmamento? Nesta primavera o carrusel de luces dos satélites de Elon Musk, Starlink, colleu por sorpresa a moitos. Escoitamos algunha testemuña.