O noso último plan por Vigo vai no #EspertaValladares deste luns, ir ata a Galería Maraca a desfrutar da exposición das obras feitas por Pelucas e os nenos da EEI Monte Alba. Conversamos con el e máis con Elena, a profe que anda detrás do proxecto. Ademais, algunhas recomendacións literarias: 'Os médicos tamén enferman' de Martiño Noriega e 'Futuro imperfecto' de Xulia Alonso. E algo de toponimia de Valladares, ‘Xinela’ no barrio do Portal.