Música, propostas para a fin de semana, peticións, adicatorias, conversas... Os sábados na túa compaña de 9 da mañá a 13.30 da tarde. A Asociación de Mulleres Rurais de Arca organiza unha exposición fotográfica, "Gardando a memoria", cóntannos os detalles, Emilia Monteagudo e Ana Rodríguez. A inauguración será o mércores 18 ás 17:30 na Casa Escola de Arca. Músicas: Valeria Castro "Raíz" e A Banda da Loba, "Tribo".