Entrevistamos a Marcos Conde, secretario xeral da Unión Comarcal da Confederación Intersindical Galega (CIG) por mor da celebració do 1º de Maio, Día da Clase Obreira, onde esta central sindical ten convocada unha manifestación que sairá desde a Praza da Ferrería en Pontevedra ás 11:30 horas. Conde analizou a situación económica dos traballadores e avogou por manter unha liña reivindicativa para manter os dereitos laborais e sociais "conquistados polos nosos pais e avós".