Unha superficie de 50 hectáreas viuse afectada polo incendio forestal rexistrado onte na parroquia de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño, segundo esta mañá explicou a alcaldesa, Marta Valcárcel. Onte pola proximidade ás casas a Xunta estableceu a situación 2, e na loita contra as lapas interviron numerosos medios tanto terrestres coma aéreos. A rexedora explicou coma esta mañá a situación está controlada e daba conta doutro incendio que onte á noite se declaraba na parroquia de Leirado.