Subir os peldaños da torre de Catoira, os muros do castro de Baroña, saltar mámoas… Diso que non se debe, pero queda ben no selfie, conversamos coa xente de Orgullo Galego. Como valoramos o que temos? Turistas ou visitantes?
Tamén traemos unha mestura de maxia e clown con Troula. “Soños” o novo show de Fifo, que vai estar venres na edición miúda do Revoltallo. Se levas un paiaso dentro, este é o teu show.