Charliña coa Organización Galega de Comunidades de Montes para saber que é iso da ‘clasificación’ dos montes veciñais. Algo de cine. A recomendación de peli e mulleres, ‘Te doy mis ojos’. E un adianto do acto do mércores á tarde no auditorio, o FICNOVA, compartindo películas que amosan como a nonviolencia pode transformar o mundo. Ademais, o #espertavalladares lévanos de paseo pola historia. Ata Cangas do 1617 e a defensa da vila dos ataques piratas dos turco-berberiscos. E, en consecuencia, a historia de María Soliña.