ESPERTA VALLADARES

Martes 13/07/2021


Listen Later

Abano, 28 páxinas de creatividade nesta revista que mañá saca o seu número 3. Maquilladores, escritores, músicos… así, ata 80 estudiantes que rondan os 20 anos moi activos nas redes sociais (instagram)… pero que precisaban unirse nun colectivo artístico. Conversamos coa impulsora desta revista, Ana Domínguez.
A pandemia evidenciou as carencias do sector do baile e música tradicional: poucas actuacións, case ningunha clase, empregos precarios para a maioría dos profes. Hai uns meses constituiuse a Asociación de Ensino Profesional da Música e o Baile Tradicional para profesionalización e dignificación do colectivo. Cóntanos mais Luis Prego, o seu vicepresidente.
Cantos camiños a Santiago hai? Descubrimos un mais, o Camiño Miñoto Ribeiro. Hai documentos do s.XVIII que evidencian que era un camiño de peregrinos. Tamén se coñecía como o camiño dos leprosos porque percorre lugares con aguas termais: Lobios, Entrimo, Cortegada, Laias, Arnoia, Ribadavia…
O camiño comeza en Braga. Este ano xa parason 200 ciclistas. Ademáis dos portugueses, os xaponeses tamén disfrutan moito nel.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

ESPERTA VALLADARESBy Radio Valladares